Festas na honra de San Mamede – 2023
Horario:
Venres, 4 de agosto
- 23:00 h, festival coa discoteca móbil de Dj Tariro na praza maior de Pentes.
Sábado, 5 de agosto
- 10:30h, amencer cos Gaiteiros da Limia polas principais rúas de Pentes
- 12:00 h, misa solemne con procesión na Igrexa de San Mamede de Pentes.
- 13.00 horas, vermú na praza do pobo, amenizado pola música dos Gaiteiros da Limia.
- 21:00-23:00, festival pola tarde a cargo do Trío Paradaisse.
- Medianoite ata que o corpo poida levar, festival nocturno a cargo do Trío Paradaisse.
Información importante
Aparcadoiro: En toda a vila hai sitio para aparcar, pero é un pouco escaso, mellor vir con tempo.
Bar: teremos un bar móbil con bebidas e algo para merendar durante a discoteca móbil e os festivais.
Aseo: Hai servizos públicos na zona de festas. Agradecemos usalos de forma responsable.
Vasos: Empregaremos vasos de plástico reutilizables, polo que unha vez que remates a túa bebida, agradeceríamos que os depositases de novo no bar.
Veciños: Por respecto aos veciños, rogamos que queden na zona de festas, e só paseen polo pobo para aparcar ou recoller o coche e sempre respectando a propiedade privada.