Festas Pentes 2025

PENTES 2025: A tradición que nunca falla!

Xa está aquí o evento máis esperado do verán na nosa aldea: as Festas na Honra de San Mamede!

Este 2025, celebramos a festa o venres 8 e sábado 9 de agosto, e traemos un programa cargado de música, tradición e moito, moito ritmo.

Aquí tes o cartel de actividades para que non perdas detalle:


Venres, 8 de agosto

🕖 19:00 – Comezamos cun Bingo Musical para quentar motores e poñer a sorte a traballar!

🕛 24:00 – Sesión de noite con DJ TARIRO, que nos fará bailar ata ben entrada a madrugada.


Sábado, 9 de agosto

🕙 10:00Alborada para erguer o día con alegría e festa desde primeira hora.

🕛 12:00Misa solemne con procesión en honra a San Mamede, como manda a tradición.

🍹 Despois da misa – Vermú popular, para brindar e gozar en boa compañía.

🕕 19:00 – Segunda rolda de Bingo Musical, porque a festa tamén é diversión!

🎤 21:00 e 24:00 – Dobre sesión con DÚO CERBATANA SHOW, que nos acompañará coa súa música nas dúas partes da noite.

🎧 E se aínda quedan forzas… DJ FRAILE pechará a festa cunha sesión final para os máis resistentes!


💬 Como sempre dicimos:
“…e quen poida, que nos siga!”

Vémonos en PENTES para celebrar o noso, o de sempre, como nunca!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *